Quinta-feira, Abril 21, 2005

Mais um poema de Mário.

E o trato foi un pacto fechado,
un calibrar de destellos,
dous mundos a se tocar sen ter
a consciencia de existir.
Respiracións tensas, tintineos máxicos,
para que eu teña hoxe na man
o obxecto do trato,
un instrumento de tortura
ou un canto á liberdade.
Estaba o noso nós no obxecto
a gravidade coa que o metropolitano
ollaba aos indios do Norte.
Estaba a tortura e o fechar dun puño
sobre as plumas até o sangue.

1 Comments:

Anonymous Cambote said...

Gustoume este poema Mario, a tensión que desprenden dous mundos que comezan a se tocar. Supoño que ten que ver coa colonización americana.

Unha aperta.

10:38 AM  

Enviar um comentário

<< Home